Concerto de Aninovo de Viena en Vigo

sáb10xan12:00Concerto de Aninovo de Viena en VigoPhilharmonic Ensemble12:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O Concerto de Aninovo de Viena volve a Vigo nunha edición matinal para toda a familia: unha oportunidade única para gozar, tan só uns días despois da súa interpretación na mítica Sala Dourada do Musikverein de Viena, da maxia deste evento que marca o inicio do aninovo e que seguen cada ano millóns de espectadores en todo o mundo.

O Philharmonic Ensemble, formado exclusivamente por solistas da Orquestra Filarmónica de Viena, ofrecerá un programa repleto de inesquecibles polkas, valses e marchas, que converteron este concerto en un espectáculo cativador e cheo de enerxía.

Ademais das obras inmortais da Dinastía Strauss, o programa incluirá soadas pezas de Johannes Brahms e Josef Hellmesberger, interpretadas cos instrumentos e a inconfundible técnica da Filarmónica de Viena.

Non faltarán xoias como ‘El bello Danubio azul’ e a inconfundible ‘Marcha Radetzky’, coas que se dará a benvida ao novo ano da man dos seus auténticos intérpretes.

Baixo o nome de Philharmonic Ensemble, estes músicos traen a Vigo o inconfundible son vienés, ofrecendo unha mañá inesquecible, chea de tradición, excelencia e emoción musical.

Programa:

J. Strauss II – Unha noite en Venecia (Abertura)

J. Hellmesberger – Pequeno anunciante, Galop

J. Strauss II – Violeta, Polka francesa

J. Strauss II – Sangue lixeiro (Polka rápida)

Edición especial para todos os públicos, con prezos reducidos para menores de 6 a 18 anos.

Entradas anticipadas á venda dende 33 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!