Concerto de Carlos Núñez en Bueu

dom10ago20:00Concerto de Carlos Núñez en BueuXIRA 'LUGARES MÁXICOS' 202520:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O domingo 10 de agosto, Carlos Núñez chega á Igrexa de San Martiño coa xira ‘Lugares Máxicos’.

Gocemos dun dos recunchos máis especiais do Morrazo. Bueu é coñecido por ser terra de meigas, polas súas praias tranquilas, a súa gastronomía e o seu porto fiel ás artes da pesca tradicional.

‘Lugares Máxicos’ é unha xira de concertos en localizacións fermosas, buscando poñer en valor o noso patrimonio musical, arquitectónico, gastronómico e natural.

Carlos Núñez | Xira ‘Lugares Máxicos’

Carlos Núñez (Vigo, Pontevedra, 1971) está considerado internacionalmente como un músico extraordinario. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Agora ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.

Entradas á venda en carlosnunezentradas.com

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!