This is a repeating event

Festas patronais de Sanxenxo 2025

xov28agoConsultarFestas patronais de Sanxenxo 2025Do 24 de agosto ao 5 de setembro de 2025(Consultar: xoves) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

As festas patronais de Sanxenxo arrincan o domingo 24 de agosto con dous concertos, ás 12 horas, Galifunk Brass na Praza de Pascual Veiga e Herdanzas da Nosa Terra.

O vindeiro luns, 25 de agosto, día de San Ginés, Sanxenxo celebra o Día do Turista cunha sardiñada no recinto portuario con máis de 500 quilos de sardiñas a partir das 12 horas. Unha hora antes, na contorna da igrexa poderase gozar da Feira de Produtos Artesáns. 

Ás 13:00 horas a Praza de Pascual Veiga acolle o tradicional concerto da Banda de Música de Sanxenxo. Xa ás 19 horas, celebrarase a misa e procesión con tirada de lumes en honra a San Xenxo.

Ás 21 horas, a Asociación Abiñadoira actuará na Praza de Pascual Veiga. A partir das 22:30 horas, celébrase a verbena con Broken Peach e orquestra Fania Branco Show na Praza do Mar.

O xoves, 28 de agosto, a Praza de Fonte de Ramos acollerá o espectáculo de ópera “Querida Montserrat, Querido Lucciano”. 

A Praza de Pascual Veiga acollerá o 30 de agosto o concerto de Cantos da Terra, a partir das 12 horas.

domingo 31, ás 12 horas, celebrarase a XXV Milla Urbana.

O luns 2 de setembro a xornada estará dedicada aos máis pequenos. A Praza de Fonte de Ramos convértese no epicentro da diversión infantil cunha festa de inchables, de 11:30 a 13:30 e de 16 a 19 horas.

A partir das 12 no Paseo de Silgar haberá xogos populares. Ás 19 horas, Festa da Escuma na Praza de Fonte de Ramos.

O martes, 3 de setembro, a partir das 12 horas comezará a homenaxe á cebola, produto estrela da horta de Sanxenxo cun showcooking a cargo de Pepe Solla, Rodrigo Valente e os irmáns Visi na Praza de Pascual Veiga.

Ás 21 horas, a Banda de Música de Sanxenxo ofrecerá un concerto na mesma localización.

A partir das 22:30 horas, terán lugar dous concertos, un na Rosa dos Ventos, ás 21 horas, ás 22:30 horas, Germán Prieto, e outro, ás 23:30 horas, Grupo La Movida, na Rúa dos Barcos. Ás 22 horas, procesión nocturna para recoller a imaxe de Santa Rosalía.

O mércores, 4 de setembro, Día de Santa Rosalía, a xornada comeza con pasacalles e alboradas de Abiñadoira e a Banda de Música que coincidirá ás 10 horas coa apertura dos postos da XLII Feira da Cebola no recinto portuario. A partir das 12:30 horas celebrarase o acto de entrega de premios das Cebolas de Ouro.

O xurado, presidido polo alcalde e a concelleira de Cultura, con representantes de colectivos das sete parroquias reuníronse a semana pasada para decidir as Cebolas de Ouro 2025 que se darán a coñecer nos próximos días.

Ás 19 horas, haberá misa e procesión en honra a Santa Rosalía. Ás 21 horas, concerto da Banda de Música de Sanxenxo na Praza de Pascual Veiga. Ás 22 horas, procesión nocturna para recoller a imaxe do Carmen.

A partir das 22:30 horas, verbena a cargo das orquestras Olympus e Marbella na Praza do Mar. Ás 24 horas, espectáculo pirotécnico na Praia de Silgar.

O xoves, 5 de setembro, coincidindo coa festividade da Virxe do Carmen, a xornada comezará con pasacalles e alboradas de Os Gatiños de Portonovo e a Banda de Música de Sanxenxo. 

Ás 13 horas, a Praza de Pascual Veiga acollerá un concerto da Banda de Música de Sanxenxo. Ás 19 horas celebrarase a misa e procesión marítima en honra á Virxe do Carmen.

A partir das 22:30 horas, a Praza do Mar terá lugar a verbena con Trébol y Origen.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!