Finca de Briz | Xira ‘Lugares Máxicos’

Concerto de Carlos Núñez en Marín

xov31xul21:00Concerto de Carlos Núñez en MarínXIRA 'LUGARES MÁXICOS' 202521:00 Finca de Briz - Parque dos Sentidos - Marín

Detalles do Evento

O día 31 de xullo a xira ‘Lugares Máxicos’ levaranos ata unha aventura profundamente mariñeira.

En Marín, onde Carlos Núnez gravou o fermoso vídeo da Danza de Espadas nunha das súas praias paradisíacas, disfrutaremos dunha noite moi especial na marabillosa Finca de Briz.

Parador de Baiona | Xira ‘Lugares Máxicos’

‘Lugares Máxicos’ é unha xira de concertos en localizacións fermosas, buscando poñer en valor o noso patrimonio musical, arquitectónico, gastronómico e natural.

Carlos Núñez (Vigo, Pontevedra, 1971) está considerado internacionalmente como un músico extraordinario. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Agora ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.

Entradas á venda en carlosnunezentradas.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Finca de Briz - Parque dos Sentidos

Rúa da Costa, s/n, 36900 Marín

Está pasando!