Miradoiro de Monteferro | Xira ‘Lugares Máxicos’

This is a repeating event

Concerto de Carlos Núñez en Nigrán

dom03ago20:00Concerto de Carlos Núñez en NigránXIRA 'LUGARES MÁXICOS' 202520:00 Miradoiro de Monteferro - Nigrán

Detalles do Evento

O concerto da xira ‘Lugares Máxicos’ máis agardado da contorna de Vigo chega ao Miradoiro de Monteferro os días 2 e 3 de agosto.

Un paraíso natural ó carón do mar, fronte ás propias Illas Cíes, cun dos mellores solpores do mundo.

‘Lugares Máxicos’ é unha xira de concertos en localizacións fermosas, buscando poñer en valor o noso patrimonio musical, arquitectónico, gastronómico e natural.

Carlos Núñez | Xira ‘Lugares Máxicos’

Carlos Núñez (Vigo, Pontevedra, 1971) está considerado internacionalmente como un músico extraordinario. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Agora ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.

Entradas á venda en carlosnunezentradas.com

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panxón, Nigrán

Está pasando!