Concerto de Festicultores Troupe en Vilagarcía

xov15ago23:30Concerto de Festicultores Troupe en VilagarcíaFestas de San Roque 202423:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Festicultores Troupe percorrerán as rúas da cidade de Vilagarcía dentro da programación das Festas de San Roque 2024.

Os auténticos cultivadores de festas acompañados sempre do seu carro de tecnoloxía punta alieníxena galaica e o seu motocultor tunig Barreiros, farán que se divirtan todas as almas errantes.

Aseguran que seguen a perder a cordura, e que por iso están en constante involución, empeñados en curar todas as amarguras coa festa máis revolucionaria e divertida, conquistando todas as rúas e prazas coa súa música e humor.

Os festicultores están aquí! A bailarrrr!


Hora

(Xoves) 23:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!