Concerto de Gordo en Sanxenxo

xov14agoConsultarConcerto de Gordo en SanxenxoFestival Costa Feira 2025(Consultar: xoves) Polígono de Nantes - Sanxenxo

Detalles do Evento

O produtor e DJ Gordo chega a Sanxenxo o xoves 14 de agosto, da man de Costa Feira, co apoio dos Concertos do Xacobeo.

O artista nicaragüense-estadounidense presentará os temas do seu álbum debut titulado ‘Diamante’.

Gordo é coñecido polas súas actuación en vivo nos principales festivais de música electrónica como Tomorrowland e Ultra Music Festival; e os seus sinxelos de éxito ‘Incredible’ (con Borgore)​ e ‘Toca’ (con Timmy Trumpet e KSHMR).

Costa Feira, o festival que se celebra cada verán en Sanxenxo desde 2023 consolídase como un referente da música, cultura e gastronomía en todo o país e especialmente en Galicia e as Rías Baixas.

Despois de que polo seu escenario principal pasaran artistas como Romeo Santos, Morat, Lola Indigo, Melendi, Hombres G, Pablo López, Taburete, Andrés Calamaro ou Black Eyed Peas, na súa terceira edición xa anunciou a presenza de grandes nomes da escena nacional e internacional, como son Sebastián Yatra, Leiva, Camilo, Manuel Carrasco, Café Quijano, Guitarricadelafuente, Los Secretos, Don Patricio e Gordo.

Estes dous últimos conquistarán o escenario Bula, o escenario máis enfocado ao lecer nocturno e que conta cun aforo de ata 5.000 persoas, que se suma ao aforo de 12.000 que posúe en escenario principal (que é modulable).

Ademais, tamén atopamos dentro do recinto unha zona gastronómica con espazo para 6 foodtrucks e un escenario para artistas emerxentes.

O impacto positivo de Costa Feira desde a súa chegada a Sanxenxo foi remarcable. Xerou máis de 100 postos de traballo creados durante os 3 meses nos que se activa o festival e contribuíu no aumento da economía local en negocios de hostalería e turismo.

En 2025, Costa Feira busca fortalecer o seu compromiso coa cultura e a música, ademais de avanzar cara a ser un dos primeiros festivais españois 100% ecolóxicos e autosuficientes mediante un recinto en constante mellora.

As entradas para os primeiros concertos confirmados de Costa Feira están á venda en costafeira.com

Costa Feira conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Polígono de Nantes

Costa Feira - Polígono Industrial de Nantes - 36969 Sanxenxo

Está pasando!