Concerto de Milladoiro en O Porriño

sáb21set21:00Concerto de Milladoiro en O PorriñoPrograma +Música da Deputación de Pontevedra21:00 Concello do Porriño - O Porriño

Detalles do Evento

O grupo de música tradicional Milladoiro actuará o sábado 21 de setembro ás 21:00 horas na Rúa Domingo Bueno, no marco do programa +Música da Deputación de Pontevedra e dentro das Festas do Cristo de O Porriño.

Milladoiro é un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo, ademais de participar no campo da fusión e investigación de novas formas artísticas.

Tres andaban percorrendo Galicia polas romarías, as festas, os teatros… sempre en contacto cn os vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Fernando Casal e Ramón García Rei que formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido a beiras do Ulla, en Catoira, quen deixou un fermoso disco que deron en titular “In memoriam”.



Por outra banda estaban dous músicos que desde anos atrás afanábanse nas sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de peregrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Non eran tempos de abundancia e a inquietude era o testemuño dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”, Premio da Crítica no ano 78.

Coñeceron a quen nese tempo poñía en marcha o núcleo do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela. Fondos musicais de catedrais, arquivos de música antiga, etc. eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A. Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa case imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devolveu ao país a quen se marchou no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80, posteriormente substituída por Michel Canada.

Actualmente o posto de violinista ocúpao Harry.C.

No ano 2000 produciuse a incorporación do guitarrista Manú Conde.


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Concello do Porriño

Está pasando!