Miss Caffeina | Concello de Poio

Concerto de Miss Caffeina en Poio

ven29agoConsultarConcerto de Miss Caffeina en PoioFestas do Mar de Combarro(Consultar: venres) Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

A icónica banda madrileña Miss Caffeina é a primeira confirmación dos concertos que o Concello de Poio incluirá dentro da programación da Festa do Mar que se celebra en Combarro, entre o 28 e 31 de agosto.

Miss Cafeína visita o municipio o venres 29, cun directo gratuíto extremadamente bailable na Praza da Chousa. Unha cita imprescindible, un concerto único no que mesturarán temas novos cos grandes éxitos como “Merlí”, “Reina” ou “Mira como vuelo”, que consolidaron a Miss Caffeina como unha das bandas máis destacadas da escena musical española, ou “Cuando acabe el verano”, elexida como a canción oficial da Vuelta Ciclista a España en 2024.

Tras anunciar o ano pasado un parón despois de catro anos intensos de xira continuada, a banda trae unha nova proposta chea de enerxía e emoción. Miss Caffeina está traballando xa no seu próximo álbum, “Buenasuerte” que verá a luz en outubro, e que levará o seu son a novos niveis como só eles o saben facer.

Miss Caffeina | Concello de Poio

Como punto de partida, xa se coñece os seus primeiros singles deste novo traballo, “Debería estar brillando” e “Argumento de mierda”, uns temas que xa xeraron grande expectación tanto entre os seus fans como entre novos oíntes que se suman cada día ao seu universo sonoro.

Cun directo impecable e unha sensibilidade que desafía as etiquetas, Miss Caffeína continúa demostrando por que é unha das bandas máis queridas, respectadas e relevantes do panorama musical actual.

Para a Festa do Mar de Combarro, o Concello de Poio volverá a apostar nesta edición por seguir potenciando a orixe, a tradición e identidade mariñeiras, cunha programación ampla, variada, de calidade e para todos os públicos que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!