Concerto de Óscar Ibáñez & Tribo en Pontevedra

ven16ago22:30Concerto de Óscar Ibáñez & Tribo en Pontevedrafestas da peregrina 202422:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra será unha das paradas na xira do 20 aniversario do gaiteiro Óscar Ibáñez (Porto Santo, Poio, 1976). Será o venres 16 de agosto na Praza de España, dentro da programación das Festas da Peregrina.

Será un concerto completamente diferente aos que está realizando na xira Tribal XX, no ano no que celebra dúas décadas de traxectoria artística coa súa banda de directo Tribo.

Para celebrar estes 20 anos, Óscar Ibáñez presenta o seu novo espectáculo Tribal XX, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos nunha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, no que predomina a sonoridade celta.

Deste modo, o espectáculo de Pontevedra contará con una posta en escena especial de gran formato. Así, á que é a banda habitual sumaranse outros artistas cos que traballou nos últimos anos, como a Coral de Ruada, de Ourense; Daniel Pereira Cristo, voz e cavaquinho; Montse Ogando, voz; Emilio Rúa, voz e guitarra; a A. F. Celme; os Cabezudos Os Viqueiras; Eva Faraldo, danza; ou Rebeca Santos, danza acrobática.

A súa banda de directo Óscar Ibáñez & Tribo está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria: Suso Iglesias (Xabier Díaz, Nova Galega de Danza), acordeón; Paula Gómez (Triguiñuelas), violín; Xosé Liz (Riobó, Anxo Lorenzo), bouzouki; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Leandro Deltell (Budiño), batería e percusión; Teresa Gómez (Son de Seu), zanfona; Carla Villanueva, xilófono; e 6 gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!