Concerto de Rocío Márquez & Bronquio en Pontevedra

sáb21out21:00Concerto de Rocío Márquez & Bronquio en Pontevedraciclo voices21:00 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A artista onubense, Rocío Márquez, recoñecida pola prensa como “a voz da nova xeración do cante jondo” e o músico Bronquio, coñecido polo seu traballo na produción electrónica, chegan ao Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 21 de outubro, dentro do ciclo Voices do Concello de Pontevedra, para presentar o seu traballo “Tercer cielo”.

A cantaora flamenca, Rocío Márquez, leva máis dunha década labrándose unha sólida carreira artística converténdose nunha figura consolidada no panorama musical tras recibir numerosos premios, entre eles o “Les Victoires du Jazz 2020 (Francia) ó mellor Álbum de Músicas do Mundo” sendo a primeira artista española en logralo e o primeiro álbum de flamenco recoñecido.

Pola súa parte, Bronquio, produtor musical cunha dilatada traxectoria profesional ás súas costas e que colaborou con diferentes artistas como Kiko Veneno, Natalia Lacunza ou Anaju, tamén é coñecido entre o público por participar no programa Hoy empieza todo de Radio 3 (RNE).

“Tercer cielo” é unha combinación entre tradición e electrónica, aclamado pola crítica coma un dos mellores discos dos últimos anos, onde Rocío Márquez e Bronquio describen un itinerario que transcorre da fronte ó peito e de dentro ó mundo.



ciclo Voices, promovido polo Concello de Pontevedra, continúa traendo a Galicia grandes artistas internacionais e referentes nacionais, posicionando á cidade como un espazo destacable para acoller xiras de recoñecido prestixio.

Sinónimo de calidade, diversidade e paixón, este ciclo transitou ata agora cunha proposta tan sinxela como efectiva: apostar polas mellores voces coa intención de recoller os sons máis destacados do panorama musical actual levándoo a colgar o cartel de “sold out” en ata sete ocasións en tres anos: The Divine Comedy,

Morcheeba, Jorge Drexler, James Rhodes, Lila Downs… Nesta nova tempada tamén está prevista a actuación do italiano Mahmood, cuxas entradas levan á venda dende o pasado maio.

É, quizais, a consecuencia lóxica da plasmación musical: estilos como o soul, rock, folk ou indie… que atoparon o seu lugar nesta cita imprescindible para calquera melómano, nacendo así un ciclo que mantén a esencia dende a súa creación e a aposta polos estilos que enxalzan o ritmo e a emoción, pero dando un paso máis aló asumindo riscos: un mesmo espazo, novos públicos e novas sensacións.

As entradas están dispoñibles dende este xoves 15 de xuño na web ataquilla.com a partir de 18 euros (+ g.x.). Os menores de 4 a 12 anos dispoñerán de entradas ó 50% do prezo xeral.

Está pasando!