Concerto de Salvador Sobral en Vigo

sáb25mar21:00sáb23:50Concerto de Salvador Sobral en Vigo«BPM», o DISCO MÁiS PERSOAL DE SALVADOR SOBRAL21:00 - 23:50

Detalles do Evento

«bpm»: batimentos por minuto. O corazón -ferido e sandado- de Salvador Sobral (Lisboa, 1989) segue bombeando música con sentimento. O seu «bpm» -unha unidade de medición do seu estado de saúde-, que é como titulou o seu último traballo discográfico, é sanitariamente óptima… e musicalmente fantástica.

Renovada. A música de Salvador Sobral ten nova identidade. Novas atmosferas. Nova cor. Por primeira vez, inclúe a guitarra. Pero as emocións permanecen. As súas cicatrices da alma -e ata as físicas, borrosamente albiscadas na portada- seguen punzando un disco emocionante no que o cantante e compositor ispe os seus medos, os seus anhelos, as súas alegrías.

Rodeado por un cuarteto, volve Salvador Sobral, corazón latexando, máis humano que nunca.

  • Composición: Salvador Sobral / Leo Aldrey
  • Voz: Salvador Sobral
  • Piano: Max Agnas
  • Contrabaixo: André Rosinha
  • Batería: Bruno Pedroso
  • Guitarra: André Santos

Acerca de Salvador Sobral

É un dos artistas portugueses máis internacionais da actualidade, grazas o seu triunfo no Festival de Eurovisión de 2017. Viviu en Estados Unidos e en España (Mallorca e Barcelona), onde estudou na prestixiosa escola Taller de Musics. Creou varios proxectos, tanto en solitario como con outros artistas de renome.

Entradas anticipadas á venda dende 20 euros en teuticket.com


Hora

(Sábado) 21:00 - 23:50

Está pasando!