SÉS | Cedida

Concerto de SÉS en Vigo

sáb28xan20:30sáb23:50Concerto de SÉS en VigoPresentación de 'Diante un eco'20:30 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘Diante un eco’ é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

‘Diante un eco’ é tamén para SÉS unha volta aos inicios pero desde o oficio e a madureza, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

A cita en Vigo terá lugar no Teatro Afundación o sábado 28 de xaneiro ás 20:30 horas.

Entradas anticipadas á venda desde 21 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 20:30 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!