Concerto de Xan Campos en Cangas

xov30abr20:00Concerto de Xan Campos en Cangaspresentacón do novo disco 'Amorodios'20:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Xan Campos é unha das voces máis persoais e recoñecidas do jazz ibérico contemporáneo. Nacido en Cangas en 1987, formouse en conservatorios de Alemaña, Países Baixos e Dinamarca, desenvolvendo unha linguaxe musical que bebe do jazz contemporáneo máis libre e da exploración constante das formas e os timbres.

Con cinco discos como líder e máis de trinta como sideman, participou en festivais de referencia en Europa e América Latina e colaborou con algunhas das figuras máis importantes do jazz internacional.

A súa música destaca pola experimentación rítmica, as harmonías expresivas, as melodías pegadizas e a mestura de influencias que van da música electrónica ao impresionismo pasando polo folclore galego, o pop ou o rock progresivo, sempre cunha clara vontade de fuxir do establecido.

O xoves 30 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas, Xan Campos, acompañado por Faia Díaz, Virxilio da Silva e Iago Fernández, presentará o seu último disco ‘Amorodios’.

Entradas á venda dende 7,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!