Coro Gospel Vida | Roberto Rúa Fotografía

Concerto do Coro Gospel Vida en Vigo

dom08xuñ19:00Concerto do Coro Gospel Vida en Vigoa favor da Fundación Tierra de Hombres19:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O Coro Gospel Vida presentarase o próximo domingo 8 de xuño sobre o escenario do Teatro Afundación para protagonizar un concerto benéfico destinado a recadar fondos para a ONG Tierra de Hombres. O concerto comezará ás 19 horas.

O Coro Gospel Vida de Vigo, que colabora asiduamente con organizacións solidarias, presentará un repertorio cargado de emocións coa súa formación habitual: voces e piano.

Creado en 2014, o Coro Gospel Vida está dirixido por Tony Recamán, dedicado á dirección coral por vocación desde moi novo e quen se formou con algunhas das figuras máis importantes na introdución do gospel en Europa, como Dan Hollingsworth ou Nancy Roncesvalles.

A recadación íntegra por despacho de billetes do concerto irá destinada a apoiar a Tierra de Hombres, entidade coa que colabora Afundación cedendo gratuitamente o teatro e toda a xestión a través da súa plataforma de venda de entradas, Ataquilla.

A ONG Tierra de Hombres, creada en Francia en 1960, está presente en Galicia desde o ano 2003, onde desenvolve, entre outras actividades, o programa ‘Viaxe cara á Vida’, que promove o tratamento médico de nenos e nenas con graves enfermidades que carecen nos seus países da tecnoloxía médica e os medios económicos.

Entradas solidarias á venda dende 10 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!