Concerto 'Querida Montserrat, Querido Luciano' en Vilagarcía

lun19ago22:30Concerto 'Querida Montserrat, Querido Luciano' en VilagarcíaFestas de SAn Roque 202422:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Por primeira vez na historia da música, réndeselle unha homenaxe chea de agarimo, respecto e admiración a dous grandes da música unidos por un cordón umbilical: o canto.

As súas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, dende Sidney ata Roma, dende París a Nova York. Estes grandes da ópera foron orgullo para Italia e España, dous países unidos na admiración a Montserrat Caballé e a Luciano Pavarotti. Hoxe, a segunda xeración reúnese para lembrar os seus devanceiros: Montserrat Martí Caballé homenaxeará a súa nai e Simona Todaro Pavarotti ao seu tío.

Como artistas convidados estarán o barítono Luis Santana e a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuín, coa participación do mestre Víctor Carbajo ao piano.

O concerto, con entrada de balde, terá lugar ás 22:30 horas no Parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa.

Consulta o programa das Festas de San Roque 2024 aquí.


Hora

(Luns) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!