Sonoko Miriam Welde | © Nadia Norskott

Concerto 'Sons do corazón: harmonías do romanticismo' en Vigo

ven21mar20:00Concerto 'Sons do corazón: harmonías do romanticismo' en Vigo 20º Aniversario da Orquestra Vigo 43020:00 Auditorio Martín Códax - Vigo

Detalles do Evento

O venres 21 de marzo ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax (O Castro), chegamos ao cuarto programa da tempada do 20º aniversario da Orquestra Vigo 430. Un programa cheo de melodías encantadoras e rica orquestración.

O Concerto para violín de Mendelssohn é un dos máis populares no repertorio, coñecido pola súa melodía inicial inmediatamente cautivadora, así como o seu lirismo e virtuosismo.

Para elo a Orquestra Vigo 430 contará coa excepcional violinista Sonoko Miriam Welde. A Sinfonía nº 2 de Brahms, a miúdo chamada a súa sinfonía pastoral, é unha obra cálida e optimista, chea de fermosas melodías e unha rica textura orquestral.

Será o segundo achegamento ao sinfonismo de Brahms nos 20 anos de historia da Orquestra Vigo 430, e farase baixo a batuta de Jose Luis López Antón.

PROGRAMA:

Felix MENDELSSOHN (1809-1847)

Concerto para violín en mi menor op. 64

I. Allegro molto appasionato

II. Andante

III. Allegretto molto vivace

Johannes BRAHMS (1833-1897)

Sinfonía nº 2 en re maior op. 73

I. Allegro non troppo

II. Adagio non troppo

III. Allegretto grazioso (quasi Andantino)

IV. Allegro con spirito

Entradas anticipadas á venda dende 13,50 euros (máis gastos de xestión) en ticketrona.com



20º ANIVERSARIO DA ORQUESTRA VIGO 430

A Orquestra Vigo 430 cumpre máis de 20 anos converténdose nun dos principais referentes no panorama da música clásica galega e española. Iniciada como unha pequena orquestra de corda baixo o nome de Ensemble Vigo 430, a agrupación evolucionou significativamente, consolidándose como un proxecto versátil e de prestixio.

Co apoio constante do Concello de Vigo, a Orquestra Vigo 430 logrou consolidarse como un proxecto musical moderno e diferenciador, atraendo músicos e solistas de renome internacional e ofrecendo unha programación innovadora e de calidade.

Ao longo deste traxecto, a Orquestra Vigo 430 converteuse nunha peza fundamental da escena musical de Vigo e Galicia, sendo convidada a formar parte como membro adherido da Asociación de Orquestras Sinfónicas Españolas (AEOS).

Ademais, a súa colaboración continua desde 2013 con “Amigos da Ópera de Vigo” permitiulle interpretar as óperas máis soadas do repertorio, recibindo excelentes críticas en revistas nacionais e internacionais.

A excelencia da orquestra foi recoñecida co premio Martín Códax da Música de Galicia en 2014 e o seu recente nomeamento aos premios da crítica de Galicia en 2023.



A Orquestra Vigo 430 mantén unha estrutura flexible, adaptándose a diversas formacións, desde cuartetos de corda, pasando pola orquestra barroca ata a gran orquestra sinfónica, o que lle permite ofrecer unha programación variada e de altísima calidade musical, baseándose na calidade dos músicos locais xunto coa achega e cosmopolitismo que lle achega a colaboración de excelentes músicos de diversas nacionalidades.

Para celebrar o seu 20 aniversario, a orquestra presenta unha programación que é, con diferenza, a máis ambiciosa en canto a calidade de todos estes anos.

A tempada 2025 é unha mostra da traxectoria e da vocación da Orquestra Vigo 430 de achegar a música clásica a todas as audiencias, con programacións atractivas de alta calidade e contidos interdisciplinares, coas que a orquestra segue reafirmando o seu compromiso coa cultura e a excelencia musical en Galicia.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo

Está pasando!