This is a repeating event

'Continente María' en Vigo

sáb03mai20:00'Continente María' en VigoUn diálogo con María Casares20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 3 e domingo 4 de maio, ás 20:00 horas, a Sala Ártika de Vigo acolle a obra ‘Continente María’, unha homenaxe escénica á icónica actriz galega María Casares, dirixida por Tito Asorey e con dramaturxia de Marianella Morena.

Unha proposta que combina teatro, poesía e música en directo para explorar a súa vida, o exilio e a súa paixón polo escenario.

Protagonizada por Melania Cruz e Vadim Yukhnevich, esta obra invita a viaxar pola memoria, a resiliencia e a liberdade, nunha experiencia teatral única e conmovedora.

‘Continente María’ é un canto á vida e ao teatro a través da extraordinaria figura de María Casares. A obra convídanos a viaxar polo seu universo, non só como a icónica actriz que triunfou en Francia, senón tamén como a muller exiliada que atopou no teatro a súa verdadeira patria.

A través dunha posta en escena dinámica que combina teatro, poesía e música en directo, ‘Continente María’ dialoga coa memoria e co presente, ofrecendo unha mirada chea de retranca, humor e emoción sobre unha das figuras máis relevantes da cultura galega.

Un espectáculo que celebra a liberdade, a paixón e a resistencia de quen fixo do escenario un fogar sen fronteiras.

Entradas anticipadas á venda desde 12 euros en artikavigo.com e a 15 euros na billeteira. A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!