'Corentena', Perdomo e Touriñán en directo en Vigo

xov19out17:30'Corentena', Perdomo e Touriñán en directo en VigoUn espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán 17:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Dúas funcións, ás 17:30 ás 20:00 horas.

Venda de entradas anticipadas dende 12 euros en Ataquilla.com


Hora

(Xoves) 17:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!