This is a repeating event

Festaclown 2025 en Vilagarcía

xov21agoConsultarFestaclown 2025 en VilagarcíaDo 18 ao 23 de agosto de 2025(Consultar: xoves) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O festival da risa, o Festaclow, regresa a Vilagarcía do 18 ao 23 de agosto cun cartel máis reivindicativo e solidario que nunca.

As rúas e prazas da cidade volverán encherse de acrobacias, humor, maxia, música e malabares cos 22 espectáculos gratuítos programados durante estes seis días de festa con conciencia social.

A carpa deste gran circo de rúa estará presidida este ano pola bandeira de Palestina, precisamente, o programa ábrese o 18 de agosto coa gala “Cultura contra a Barbarie”, protagonizada por Pallasos en Rebeldía e na que intervirán artistas como Mercedes Peón, Marta Sempre Arriba ou a compañía Circo Chosco.

As tres pistas ao aire libre nas que se desenvolverá o circo do Festaclown serán o Xardín de Ravella, a Praza de Galicia e a Praza da II República. A excepción da xornada inaugural, na que haberá dúas actividades, realizaranse tres espectáculos por día, con sesións de mañá, tarde e noite. 

O programa do Festaclown 2025 é o seguinte:

LUNS 18

ANIMACLOWN

  • 19.30 h. Nacho Flores. ‘Minotauro’. Rúas da cidade e praza de Galicia.

APARTADO SOCIAL

  • 21:00 h. ‘Circo contra a barbarie’. Pallasos en Rebeldía. Praza da II República.

MARTES 19

ANIMACLOWN

  • 11:00 h. Igualarte +Con Eles. ‘Animart’. Rúas da cidade

SUPERROQUIÑOS

  • 12:30 h. Rendos Pequeno. ‘Charlatán Rodriguez’. Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

  • 19:30 h. Henriko. ‘Circo Cambuche’. Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

  • 21:00 h. Marta Alonso Tejada. ‘Dance Join’. Praza da II República

MÉRCORES 20

  • 11:00 h. Vero Rilo. ‘Desnortadas’. Parque Miguel Hernández

SUPERROQUIÑOS

  • 12:30 h. A Vela Circo. ‘Enredos’. Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

  • 19:30 h. Abraham Arzate. ‘El Romperecords’. Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

  • 21:00 h. A Saco Circo. ‘Rido Pagliaccio’. Praza da II República

XOVES 21

APARTADO SOCIAL

  • 11:00 h. Pérez & Fernández. ‘Rosa e Azul’. Parque Miguel Hernández

SUPERROQUIÑOS

  • 12:30 h. A Cova das Letras. ‘Chafallas’. Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

19:30 h. Circo Rojo. ‘Del tingo al tango’. Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

  • 21:00 h. Bot Project. ‘Collage’. Praza da II República

VENRES 22

APARTADO SOCIAL

11:00 h. Con Eles + Clámide + Artefeito Producións. ‘ Clownssics’. Praza de Galicia

SUPERROQUIÑOS

  • 12:30 h. Ghazafellos. ‘Historias para escaghariñarse’. Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

  • 19:30 h. Garrapete Clown. ‘Crescendo’. Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

  • 21:00 h. La Finestra. Tranvía Nº12′. Praza da II República

SÁBADO 23

APARTADO SOCIAL

  • 11:00 h. Alba de Vales. ‘Contos arredor da terra’. Parque Miguel Hernández

SUPERROQUIÑOS

  • 12:30 h. Assircopatas. ‘Rogelio 3 (La Fete)’. Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

  • 19:30 h. A Tope. ‘SHHHH!’. Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

  • 21:00 h. Mago Teto. ‘Galegote & Magic’. Praza da II República

Concello de Vilagarcía promove e financia o Festaclown, evento organizado por Culturactiva e patrocinado pola Agadic, da Xunta de Galicia, e o Inaem, do Ministerio de Cultura.

*En caso de choiva consulta os espazos alternativos en festiclown.org

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!