Exposición 'Corto Maltés' de Rubén Pellejero e Díaz Canales

xov22maiConsultardom01xuñExposición 'Corto Maltés' de Rubén Pellejero e Díaz CanalesBDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA(Consultar) Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco do festival de banda deseñada BDra Gráfica, Rubén Pellejero amósanos o proceso de creación dos novos libros de ‘Corto Maltés’, escritos por Juan Díaz Canales continuando as aventuras do personaxe creado por Hugo Pratt.

A presentación da exposición e a entrega do Premio BDra Gráfica a toda unha carreira, será o xoves 22 de maio ás 18:00 h.

A mostra ​’Cortó Maltés’ permanecerá aberta ao público na Fundación Manolo Moldes, do xoves 22 de maio ao domingo 1 de xuño.

III BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA

BDra Gráfica, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez.

O obxectivo de BDra Gráfica, é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores/as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría, onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades.

Todo aderezado con exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD, do 22 ao 25 de maio en Pontevedra.

Hora

Maio 22 (Xoves) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!