‘Costa da Morte, cartografía dun naufráxio’ | CDG e Mariña Lestón

‘Costa da Morte, cartografía dun naufráxio’ de CDG e Mariña Lestón en Pontevedra

xov12mar21:00‘Costa da Morte, cartografía dun naufráxio’ de CDG e Mariña Lestón en Pontevedra ciclo Ponteatro 202621:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 12 de marzo, dentro do ciclo Ponteatro, o Teatro Principal de Pontevedra acolle a posta en escena da obra ‘Costa da Morte, cartografía dun naufráxio’ do Centro Dramático Galego e Mariña Lestón.

Accesible en Lingua de Signos.

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento.

Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego.

Autoría e dirección: Mariña Lestón.

Elenco: Mariña Lestón e Gema Santos (intérprete de Lingua de Signos).

Duración: 50 min.

PONTEATRO

O Concello de Pontevedra presenta unha nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con 4 espectáculos entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

O cartel está deseñado por Ovo Publicidade e inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (“Figura alada” de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago).

Teatro do Noroeste, Moraoconto, CDG e Mariña Lestón e Producións Teatrais Excéntricas serán as compañías encargadas de emocionar ao público nesta nova tempada de teatro. Entre outras temáticas, os espectáculos seleccionados abordarán a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor.

Os abonos a un prezo de 20 euros e as entradas individuais a 8 euros (4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65) están á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!