Concerto de Leiva en Sanxenxo

sáb02ago22:30Concerto de Leiva en SanxenxoFestival Costa Feira 202522:30 Festival Costa Feira - Sanxenxo

Detalles do Evento

O Festival Costa Feira confirma ao seu primeiro artista dentro do seu cartel para a edición do 2025. Leiva e o seu ‘Tour Gigante 2025’ constará de 30 citas únicas en España, e completarase con algúns shows por Latinoamérica.

Leiva despedíase “da estrada por un tempo” a finais de decembro de 2023, tras case dous anos de xira cun espectáculo audiovisual moi especial que máis de medio millón de asistentes puideron testemuñar.

O abafador éxito do ‘Tour cuando te muerdes el labio’ levou a Leiva a gañar o premio de Mellor Xira na primeira edición dos Premios da Academia da Música de España.

Agora chega o momento de anunciar o regreso de Leiva aos escenarios co ‘Tour Gigante 2025’.

O concerto terá lugar o próximo 2 de agosto ás 22:00 horas no Parque Empresarial de Nantes e as entradas están á venda dende 42 euros.

Costa Feira, o festival que se celebra cada verán en Sanxenxo desde 2023 consolídase como un referente da música, cultura e gastronomía en todo o país e especialmente en Galicia e as Rías Baixas.

Despois de que polo seu escenario principal pasaran artistas como Romeo Santos, Morat, Lola Indigo, Melendi, Hombres G, Pablo López, Taburete, Andrés Calamaro ou Black Eyed Peas, na súa terceira edición xa anunciou a presenza de grandes nomes da escena nacional e internacional, como son Sebastián Yatra, Leiva, Camilo, Manuel Carrasco, Café Quijano, Guitarricadelafuente, Los Secretos, Don Patricio e Gordo.

Estes dous últimos conquistarán o escenario Bula, o escenario máis enfocado ao lecer nocturno e que conta cun aforo de ata 5.000 persoas, que se suma ao aforo de 12.000 que posúe en escenario principal (que é modulable).

Ademais, tamén atopamos dentro do recinto unha zona gastronómica con espazo para 6 foodtrucks e un escenario para artistas emerxentes.

O impacto positivo de Costa Feira desde a súa chegada a Sanxenxo foi remarcable. Xerou máis de 100 postos de traballo creados durante os 3 meses nos que se activa o festival e contribuíu no aumento da economía local en negocios de hostalería e turismo.

En 2025, Costa Feira busca fortalecer o seu compromiso coa cultura e a música, ademais de avanzar cara a ser un dos primeiros festivais españois 100% ecolóxicos e autosuficientes mediante un recinto en constante mellora.

As entradas para os primeiros concertos confirmados de Costa Feira están á venda en costafeira.com

Costa Feira conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Festival Costa Feira

Polígono de Nantes - 36969 Sanxenxo, Pontevedra

Está pasando!