This is a repeating event

Culturgal 2024 en Pontevedra

dom01decConsultarCulturgal 2024 en PontevedraFeira das Culturas Galegas(Consultar: domingo) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A edición 2024 do Culturgal, un espazo de encontro entre as diferentes culturas galegas e os seus públicos, celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O programa completo, que se fará público nos próximos días, trae a Pontevedra 200 actividades, con 100 expositores e 500 artistas.

O Culturgal contará con seis espazos con seis escenarios. Unha das novidades deste ano é a creación dun espazo pechado para as artes escénicas e a ampliación do espazo de arte, que se puxo en marcha no 2023.

Unha proposta cultural e de lecer para todas as idades que permite que as familias poidan pasar o día no Culturgal e participar en numerosas actividades.

No programa, destaca a primeira ‘Ultranoite Cultureta’ do grupo Chévere, feita de forma expresa para o Culturgal, e a celebración dos 30 anos do bravú coa proxección dun documental e un concerto do grupo Xangai, liderado por Xurxo Souto, e o grupo local Rager.

Magín Blanco estreará no Culturgal un espectáculo que será o de despedida da serie ‘A nena e o grilo’, e estarán no Pazo da Cultura Manuel Rivas, recentemente nomeado Premio Nacional das Letras 2024, ou Olga Novo, Premio Nacional de Poesía no ano 2020.

A venta de entradas e abonos van a moi bo ritmo e xa se poden adquirir en cultur.gal. Tres euros por anticipado a entrada dun día, cinco euros o bono para os tres días, abonos familiares e outros descontos.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!