Curso 'Coidados Compartidos' en Salvaterra

ven08mar(mar 8)16:30ven22mar(mar 22)19:15Curso 'Coidados Compartidos' en SalvaterraCasa do Conde de Salvaterra de Miño16:30 - 19:15 (22) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Os venres 8, 15 e 22 e marzo AFAGA, a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, vai impartir na Casa do Conde do Concello de Salvaterra de Miño un curso para coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, no marco do proxecto de Coidados Compartidos de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia).

Esta formación será impartida por unha psicóloga sanitaria especializada na temática, e ten como obxectivo formar e axudar a persoas en contornas rurais que se atopen nesta situación.

O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia prevén un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23’15% actual ao 41% en 2050.

O contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece unha enfermidade senón a todo o núcleo familiar.



Por iso, o proxecto achega a familiares coidadores/as de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como dos servizos e recursos segundo a localidade onde se intervén para mellorar a súa calidade de vida.

A formación que terá lugar o 8, 15 e 22 de marzo de 16:30 a 19:15 horas é gratuíta e pode realizarse a través do correo [email protected] ou no 986 229 797 ou 610 437 895.

Hora

8 (Venres) 16:30 - 22 (Venres) 19:15

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!