Cursos da 'Aula Mentor' en Salvaterra

Cursos da 'Aula Mentor' en Salvaterraaula de novas tecnolóxías con MÁIS DE 200 CURSOS ONLINEDurante todo o ano (2023) Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O Concello de Salvaterra de Miño  vai por en marcha unha ‘Aula Mentor’, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal funcionará de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza poderá beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.

Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo en aulamentor.es

As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es

Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.

Coa súa superación do curso, obtense un certificado oficial, asinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de empregabilidade a través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Hora

Durante todo o ano (2023)

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!