'De Vilatriste a Vilalegre' no Rosal

lun29xul19:00'De Vilatriste a Vilalegre' no Rosal40º aniversario do cdg19:00 Concello do Rosal - O Rosal

Detalles do Evento

O Parque de Pías do Rosal acollerá o luns 29 de xullo a obra de teatro ‘De Vilatriste a Vilalegre’, unha creación de Teatro Ó Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego para a celebración do seu 40 aniversario.

A obra, que se poderá ver de balde a partir das 21:00 horas, é un texto de Roi Vidal Ponte, con deseño e plástica de Beatriz de Vega, interpretación de Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño, e co-dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.

Sinopse:

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

Teatro Ó Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas proposta

O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da ‘Utópica Rodante’, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.

Hora

(Luns) 19:00

Localización

Concello do Rosal

Está pasando!