Desfile de comparsas en Soutomaior | Concello de Soutomaior

Desfile de Comparsas en Soutomaior 2026

dom22feb17:30Desfile de Comparsas en Soutomaior 2026saída dende o cruce do Viso17:30 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Pese que ao tempo no acompañe demasiado neste Entruido dende o Concello de Soutomaior xa organizaron as citas que quedan por diante aproveitando a boa previsión que se prevé para esta fin de semana.

Este domingo, 22 de febreiro, terá lugar o desfile de comparsas do concello. Debido ás obras de humanización do casco urbano de Arcade que se está levando a cabo na Praza de Talo Río, o desfile rematará na rúa Roxelio Landeiro.

Así deste xeito, comezará ás 17:30 horas con saída dende o cruce do Viso. O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende o cruce do Viso ata o cruce de Cima de Vila.

Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro, que será un ano máis, “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile partirá ás 17:30 horas do cruce do Viso con chegada a Roxelio Landeiro alí, a partir das 20:00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo de “Juan de Arcade”, entrega de premios e logo seguirá a festa coa actuación do Trío Armonía. O escenario neste ano, estará ubicado, á altura do supermercado Froiz que está nesa rúa e os camións das comparsas baixarán por Rosalía de Castro.

Un desfile que contará con 15 comparsas, das cales haberá 3 convidadas, que serán Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior, Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela.

Logo haberá 12 comparsas seleccionadas para desfilar que serán: a Asociación socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín; Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán –Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Luces de Tomiño; Asociación Cultural Trompos Os Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas; Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil de Arbo e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén.

Hora

(Domingo) 17:30

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!