This is a repeating event

O Tinglado. Mercado de segunda man en Pontevedra

dom22feb10:30dom20:00O Tinglado. Mercado de segunda man en Pontevedra21 e 22 de febreiro de 202610:30 - 20:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O mercado de artigos de segunda man entre particulares O Tinglado chega por primeira vez á Boa Vila tras o seu éxito en cidades como Vigo, A Coruña ou Ferrol.

O evento terá lugar os próximos 21 e 22 de febreiro na Sede Afundación de Pontevedra (rúa Augusto González Besada) e será de balde, tanto para “clientes” como para quen se anime a vender as cousas que xa non use.

Este mercado, aberto para toda a cidadanía, será o lugar ideal para atopar pezas únicas como roupa, libros ou artigos de decoración, ao tempo que lles damos un novo uso a obxectos que xa non se utilizan ou pasaron a un segundo plano.

A participación como vendedor realízase a través dun formulario web. As prazas son limitadas e outórganse por estrita orde de chegada das solicitudes.

A organización encárgase de facilitar aos participantes o material necesario —mesa, cadeiras e burro— así como un espazo delimitado para a venda dos seus artigos.

Ademais, no acceso ao recinto habilítase un código QR para recoller a opinión de vendedores e compradores, co obxectivo de introducir melloras en futuras edicións.

O horario de apertura ao público será de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

O Tinglado iniciou a súa andaina en decembro de 2024 na cidade de Vigo e foi evolucionando ao longo de 2025 con distintas edicións celebradas na Coruña, Ferrol e tamén no marco de eventos singulares como a Pantin Classic Galicia Pro, en Valdoviño.

Hora

(Domingo) 10:30 - 20:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!