Día de Rosalía de Castro en Pontevedra

ven23feb20:00Día de Rosalía de Castro en Pontevedralectura pública de textos20:00 Centro Social Gorgullón - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro venres, 23 de febreiro, Concello de Pontevedra ten preparada unha programación oficial co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, en colaboración coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.

Símbolo do país, Rosalía continúa a ser un icona pop dentro do século XXI, a artista máis internacional e referenciada dentro da cultura galega, o que permite albiscar a importancia da súa figura e a necesidade de continuar a reivindicación da mesma.

O acto principal do Día de Rosalía sucederá ás 20 horas no centro social do Gorgullón, espazo que acollerá a lectura de textos de ‘Cantares gallegos’ e ‘Follas novas’. Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, no que pode participar de xeito directo. Será conducido por Miriam Ferradáns, que tamén lerá o manifesto de AELG nesta data tan sinalada. Doutra banda, o colectivo artístico O fruto e a Serpe encargarase da ambientación do acto.



Para participar na lectura de textos é preciso enviar un correo electrónico a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu, indicando o nome completo da persoa que vai ler, se representa algún colectivo ou asociación e o texto escollido.

Desde a área de Normalización Lingüística, sinalan que a homenaxe centra nos textos rosalianos escritos en galego, para destacar o papel da autora na reivindicación do uso da lingua galega nunha época en que publicar en galego e sendo muller era un acto revolucionario. Ademais, a súa escrita pioneia abriu o camiño á literatura galega moderna.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Centro Social Gorgullón

Curtidoira, 1 baixo - 36003 Pontevedra

Está pasando!