'Diálogos co tempo' en Cangas

mér05out19:30'Diálogos co tempo' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos19:30 Capela do Hospital - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o mércores 5 de outubro ás 19:30 horas, a Capela do Hospital de Cangas acollerá unha conversa entre Mariana Carballal, Fon Couceiro, Noemi Chantada e Fon Cortizo.

En ‘Diálogos Abertos. Unha vida no cine’, profesionais de diferentes idades e eidos artísticos conversarán e compartirán experiencias para amosar a súa visión sobre a relación entre a experiencia, o relevo xeracional e os novos talentos.

Entrada de balde.



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Mércores) 19:30

Localización

Capela do Hospital

Xardíns do Señal, s/n, 36940 Cangas

Está pasando!