‘Compaña’ | Xanpatito Pato

Domingos do Principal 2025 - ‘Compaña’

dom12out12:00Domingos do Principal 2025 - ‘Compaña’TEATRO PARA TODA A FAMILIA12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación do ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal, arrincará o domingo 12 de outubro con ‘Compaña’, de Xanpatito Pato.

Un personaxe solitario en busca de compaña explora a imaxinación do público para dar vida a cada un dos seus pensamentos. Este proceso faino sentir en compañía e abre un camiño cheo de sorpresas e risos.

Un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todas as engrenaxes xiran á perfección creando un mundo surrealista e onírico nun relato sen palabras.

Circo teatro.

Duración: 50 minutos.

Recomendado a partir de 6 anos e público adulto.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas a prezo único de 4€ e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18€, están á venda en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!