'E despois, que?', con Rosario Carballo en Pontevedra

ven16dec17:30'E despois, que?', con Rosario Carballo en PontevedraExperiencias profesionais do grao en Belas Artes17:30 Facultade de Belas Artes - Pontevedra

Detalles do Evento

‘E despois, que?’ é o título do ciclo de conferencias que nestas semanas achega á Facultade de Belas Artes unha serie de profesionais que centran a súa traxectoria en ámbitos como o comisariado artístico, o cinema, a fotografía, a xestión cultural ou a dirección de museos e que teñen en común a súa formación en Belas Artes.

A través das súas experiencias e traxectoria, esta actividade busca amosar ao alumnado “as diferentes saídas profesionais que ten o grao”, como salienta o vicedecano Carlos Tejo.

O ciclo arranca na tarde do mércores 28 de setembro coa participación do artista, comisario e responsable da Galería Nueva en Madrid, Daniel Silvo. Nas próximas semanas contará coa participación da comisaria Paula Cabaleiro, a artista Judith Adataberna, o ex-director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Manuel Olveira, a fotógrafa Maya Kapouski e á directora de márketing de Cabo de Peñas, Rosario Carballo. 

Aberto ao público e conformado por seis sesións, o propósito E despois, que? Experiencias profesionais do grao en Belas Artes é que os convidados e convidadas, catro delas egresadas da facultade, afonden en “cales foron as súas saídas profesionais a partir de facer a carreira”, como apunta Tejo, coordinador dun ciclo organizado coa colaboración dos departamentos de Debuxo, Escultura e Pintura.

Cada un deles, explica, propuxo dous dos participantes nunha actividade que busca “verter luz sobre unha materia tan importante como son as saídas profesionais” a través de “xente cunha traxectoria profesional importante”, que á súa vez permite amosar aos futuros egresados e egresadas o “amplo abano de posibilidades” que se lles abre tras rematar a súa formación.

O ciclo continúa o luns 3 de outubro coa crítica e comisaria Paula Cabaleiro, licenciada en Belas Artes pola UVigo e directora de Cultura da Deputación de Pontevedra. Membro do Consello da Cultura Galega, a traxectoria de Cabaleiro abrangue múltiples traballos de comisariado, desde o Espazo de Arte do Culturgal, ao ciclo Mulleres en acción: Violencia Cero, así como a dirección durante cinco anos do Museo de Arte Contemporáneo Florencio de la Fuente, en Cuenca.

O xoves 6 chegará a quenda da tamén egresada da facultade Judith Adataberna, unha artista visual que traballa no ámbito da fotografía, a videoinstalación e o cinema experimental, cuxos traballos foron seleccionados para festivais como Curtocircuíto, Filmadrid ou Interseccións.

Tamén en outubro, o venres 14 participará no ciclo o que fora director tanto do CGAC como do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (Musac), Manuel Olveira, “unha persoa cunha amplísima traxectoria na dirección e xestión de museos”, como sinala Tejo. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona, historiador da arte e comisario, Olveira foi tamén director do centro cultural Ágora da Coruña  e do centro de produción e residencias artísticas Hangar, en Barcelona.

Xa en novembro, a actividade continúa o mércores 9 coa egresada Maya Kapousky, quen combina a súa faceta como artista visual coa fotografía de moda, e pecharase o día 16 coa tamén ex-alumna Rosario Carballo, directora de márketing da conservera Cabo de Peñas.


Hora

(Venres) 17:30

Localización

Facultade de Belas Artes

Rúa da Maestranza, 2, 36002 Pontevedra

Está pasando!