'Entrañas con Patatas' en Vigo

ven09dec(dec 9)20:00sáb10dec(dec 10)20:00'Entrañas con Patatas' en VigoLos Informalls20:00 - 20:00 (10) Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

A compañía Los Informalls porá en escena na Sala Ártika o espectáculo ‘Entrañas con Patatas’, unha viaxe dunha hora pola esencia dos seus protagonistas, Luís e Pere, onde xunto a Valentina, a técnica que fai que todo suceda, contan a súa peculiar historia de amor que transita desde o máis absurdo ata o máis profundo dunha relación.

Dous seres unidos polo vínculo da amizade que decidiron transitar o medo a través da exploración do ridículo e a total exposición de todo o que a súa identidade conforma onde o erro convértese nunha ferramenta esencial cuxo árbore dá froito a unha historia orgánica e cambiante que se sostén grazas a esa fina marxe entre o risco e o control.

O imaxinario queda inaugurado… O demais toca desentrañalo.


Data:

  • Venres 09 de decembro ás 20:00 horas
  • Sábado 10 de decembro ás 20:00 horas

Prezo: 

  • En taquilla: 14 euros
  • Entradas anticipadas: 10 euros + gastos de xestión en artikavigo.com (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)

Idade recomendada:

  • +12 anos

Duración:

  • 55 minutos

Hora

9 (Venres) 20:00 - 10 (Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!