This is a repeating event

Entroido de Barro 2025

dom16marConsultarEntroido de Barro 2025Do 2 ao 16 de marzo de 2025(Consultar: domingo) Concello de Barro -

Detalles do Evento

O Entroido de Barro deste ano terá unha figura protagonista moi especial: o Corvo de Coralia. Inspirado nun famoso corvo que viviu no lugar do Curuto e que, segundo contan, tiña o don da palabra, este personaxe simboliza o espírito burlón e festivo propio do Entroido.

Concello de Barro quixo rescatar esta historia local para convertela no eixo central dunha programación cargada de tradición e novidades.

Segundo lembran as veciñas e veciños do lugar, este corvo adoitaba chamar pola súa dona desde o alto do hórreo ao berro de “Coralia! Coralia! Coralia!”. Pero o máis sorprendente era cando, coa súa voz ronca, tamén chamaba polas galiñas berrando “Churras! Churras! Churras!”, e estas acudían crendo que era a propia Coralia quen as chamaba para darlles de comer como facía habitualmente. O corvo, entón, recibíaas cunha gran gargallada: “ha! ha! ha!”.



O Corvo de Coralia representa á perfección o espírito do Entroido, unha festa milenaria onde a burla e a diversión son as protagonistas.

Ademais das actividades tradicionais, como a Corrida do Galo, o Festival de Disfraces e o Certame de Murgas, este ano inclúese unha nova proposta gastronómica: o Concurso de filloas e de orellas.


Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Barro

Está pasando!