This is a repeating event

Entroido en Vilagarcía

dom18febConsultarEntroido en VilagarcíaDo 10 ao 24 de febreiro de 2024(Consultar: domingo) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Entroido de Vilagarcía ábrese oficialmente o domingo 11 de febreiro co Festival de Comparsas. O certame non ten carácter competitivo, polo que todas as agrupacións que cumpran coas normas establecidas nas bases recibirán unha compensación de 300 euros. As formacións deberán contar cun mínimo de 20 compoñentes e dispoñer dun repertorio de entre 10 e 15 minutos de duración, entre outros requisitos. A participación limítase a 10 comparsas, con preferencia para as de Vilagarcía. As restantes admitiranse por orde de inscrición.

Martes de Entroido, o 13 de febreiro, celebrarase o Desfile de Disfraces e Carrozas. Este evento si ten carácter competitivo e está dotado con 6.800 euros a repartir entre os 21 premios previstos e aos que os participantes poderán optar anotándose en calquera das tres categorías recollidas nas bases (infantil, adultos, grupos) e nas súas respectivas modalidades (individual e parella nas dúas primeiras, e de ata 20 participantes ou de máis de 20 na de grupos). Tamén se establece un premio á mellor carroza e outro á mellor animación, e mantense o accésit para choqueiros creado xa hai uns anos para recuperar e potenciar esta tradicional figura do Entroido galego máis popular.

Tanto as bases de cada un dos eventos como os formularios de inscrición están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede.vilagarcia.gal



Así, a programación completa do Entroido 2024 en Vilagarcía de Arousa, que se celebrará do 10 ao 24 de febreiro, é a seguinte:

SÁBADO 10 | GATO NEGRO EN CARRIL

  • 18:00 h. Baile Infantil. Con xogos, música e merenda (para socios). Colabora: Concellaría de Cultura. +info en facebook gatonegro

DOMINGO 11 | SALÓN DE ACTOS DO AUDITORIO

  • 18:00 h. Festival de Comparsas. Entrada de balde ata completar aforo.

LUNS 12 | PRAZA DA PEIXERÍA

  • 17:00-20:00 h. Baile infantil de Entroido.

    • Animación musical e baile coa Duendeneta.
    • Obradoiros: Pintacaras, chapas, disfraces, antifaces, xogos…
    • Destinado a familias con menores a partir de tres anos.
    • Entrada de balde. Organiza: Concellaría de Xuventude.

MARTES 13 | POLAS RÚAS DA CIDADE

  • 17:00-20:00 h. Desfile de Entroido.

    • Saída da rúa Alexandre Bóveda e continuación pola rúa Alejandro Cerecedo, avda. Doutor Tourón, praza de España, rúas Edelmiro Trillo e Padre Feijoo, praza da Independencia, rúa San Roque, intersección rúa Cervantes, avda. J. Carlos I e remate na Casa Consistorial.
    • Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile, sobre ás 20:30 horas, na praza da Peixería.

SÁBADO 17 | GATO NEGRO EN CARRIL

  • 24:00 h. Baile de Piñata. Con Will Discomóvil (para socios). Colabora: Concellaría de Cultura. +info en facebook gatonegro

DOMINGO 18 | CARRIL

  • 18:00 h. Tradicional Enterro da Sardiña. Saída dende o Gato Negro. Colabora: Concellaría de Cultura. +info en facebook gatonegro

VENRES 23 | CENTRO SOCIOCULTURAL DE VILAXOÁN

  • 21:00 h. Festival de Comparsas. Colabora: Concellaría de Cultura.

SÁBADO 24 | VILAXOÁN

  • 19:30 h. Tradicional Enterro da Sardiña. Saída da Lonxa de Vilaxoán. Colabora: Concellaría de Cultura.


Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!