This is a repeating event

Entroido na Biblioteca Xela Arias de Chapela

lun12feb09:00lun14:00Entroido na Biblioteca Xela Arias de ChapelaConcello de Redondela09:00 - 14:00 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, convida ao público de todas as idades a participar nas actividades de Entroido pintando máscaras con cartón de refugallo. Na biblioteca poderán atopar todo o material que precisen e os participantes, nenos e adultos, terán que poñer a súa imaxinación e enxeño. Ademais animas aos participantes destes obradoiros a acudir disfrazados.

As actividades faranse na Sala Infantil da Biblioteca Xela Arias o xoves 8 e venres 9 de febreiro de 16:00 a 21:00 horas e nas vacacións escolares, desde o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.



Durante o Entroido as bibliotecas mudarán o seu horario de atención ao público os días 11, 12 e 13 de febreiro.

A Biblioteca Xela Arias de Chapela estará aberta de 9.00 a 14.00 horas, mentres que a Biblioteca Valle-Inclán de Redondela abrirá a Sala Xeral de 9.00 a 14.00 horas, a Sala Infantil de 10.30 a 13.30 horas e a Sala de Estudo no seu horario habitual agás o Martes de Entroido pola tarde que permanecerá pechada.


Hora

(Luns) 09:00 - 14:00

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!