Entroido Redondela 2026

sáb14febConsultarsáb21febEntroido Redondela 202614, 15, 17 e 21 de febreiro(Consultar) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

O Concello de Redondela presenta unha ampla programación de Entroido con catro días de “festa rachada”.

O sábado 14 de febreiro comezan as celebracións do Entroido en Redondela. A rapazada será a protagonista desta xornada co Entroido Infantil e Xuvenil. As actividades comezan ás 16.00 horas con “Un Mar de Xogos” de Bico de Toupa e obradoiros na Alameda de Castelao ata as 19.30 horas.

A música correrá a cargo do grupo The Turre’s Band cun animado pasarrúas polo centro da vila desde as 18.00 horas. A partir das 21.30 horas o Entroido deste 2026 vibrará co concerto da orquestra La Fórmula, que estreará en Redondela o seu novo espectáculo para esta temporada. O espectáculo contará tamén con sesión DJ.

O 15 de febreiro, domingo de Entroido, comezará ás 17.00 horas a concentración das comparsas no Campo da Feira. Ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a tradicional comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila e ás 20.30 horas será a entrega de premios.

17 de febreiro, Martes de Entroido, é un día grande en Redondela, coa participación de veciños e veciñas de todas as idades. Ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas.

Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 e ata as 19.30 horas. As rúas contarán con moita animación e ritmo grazas á percusión e os tamboriles do grupo Aperta.

Ás 19.00 horas, fiel á súa cita, celebrarase a tradicional Queima do Meco “unha das citas con máis expectación do Entroido redondelán”. “Hexagonum”, de Troula Animación, será o espectáculo que dea paso á queima con marionetas xigantes, proxeccións audiovisuais, pirotecnia e lume.

A festa continuará pola noite co concerto da Mekánica Rolling Band, unha das agrupacións máis festivas de Galicia e coñecida pola súa explosiva mestura de ritmos populares, punk brass e interacción co público. Ás 20.30 horas na praza da Constitución.

sábado 21 de febreiro celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas reuniranse ás 17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealonga.

Queima do Berete comezará ás 20.15 horas. A xornada pecharase co concerto do grupo América de Vigo que ofrecerá un gran espectáculo co seu tributo a toda a historia do rock and roll, facendo un repaso dos grandes éxitos de todos os tempos. Será a partir das 21.00 horas no paseo marítimo de Chapela e con sesión de Dj Mesu.

Hora

febreiro 14 (Sábado) - 21 (Sábado)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!