Escola de Letras en Pontevedra e Vigo

mér01mar00:00lun30out(out 30)23:59Escola de Letras en Pontevedra e VigoDeputación de Pontevedra e Editorial Galaxia(marzo 1) 00:00 - (outubro 30) 23:59 Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Consolidada como referente galego e estatal e co aval internacional que supuxo a súa presentación na última edición da Feira do Libro de Frankfurt, a Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia inicia o vindeiro 1 de marzo a súa cuarta edición, que se prolongará ata outubro.

Os seis cursos celebraranse nas sedes da Deputación (tres no Pazo Provincial en Pontevedra e tres na sede de Vigo) entre marzo e outubro, con horario de 18.00 e as 20.00 horas. Comezarán cos obradoiros literarios de Inma López Silva en Vigo (1, 8, 22 e 29 de marzo, 12, 18, 19 e 26 de abril) e Pontevedra (2, 9, 23 e 30 de marzo, 13, 20 e 27 de abril e 2 de maio) e co de poesía a cargo da poeta Marta Dacosta en Vigo (7 e 14 de marzo). As clases continuarán en maio co taller de poesía de Antonio García Teijeiro en Pontevedra (3 e 10 de maio) e o obradoiro literario da dramaturga Esther Carrodeguas en Vigo (3, 10, 18, 24 e 31 de maio). E en setembro e outubro impartirá o seu obradoiro Diego Giráldez en Pontevedra (12, 19 e 26 de setembro e 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro).

A inscrición para cada curso abrirase aproximadamente un mes antes da súa realización e, deste xeito, mañá ás 08:00 horas comezará para os dous primeiros obradoiros de Inma López Silva. As persoas interesadas deben enviar un correo ao enderezo escoladeletras@editorialgalaxia.gal, incluíndo o seu nome completo, correo electrónico, teléfono, e o curso no que se desexa inscribir por orde de preferencia. As prazas adxudicaranse por estrita orde de chegada das solicitudes ata completar o límite de persoas establecido para cada curso. Terán preferencia as persoas que non participasen con anterioridade en ningún obradoiro.

Hora

Marzo 1 (Mércores) 00:00 - Outubro 30 (Luns) 23:59

Localización

Deputación de Pontevedra

Pontevedra

Está pasando!