Exposición 'A cidade é a pegada' en Pontevedra

xov15dec(dec 15)00:00mér22mar(mar 22)23:59Exposición 'A cidade é a pegada' en PontevedraConcello de Pontevedra(decembro 15) 00:00 - (marzo 22) 23:59 Sala de exposicións do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Ponteverdra acolle do 15 de decembro de 2022 ao 22 de marzo de 2023 a mostra ‘A cidade é a pegada’.

Comisariada por Alfredo Olmedo, conta con 6 subcomisarios encargados das diferentes áreas, así como a colaboración do arquiveiro municipal, Rodrigo Silva.

O río, da man de Eduardo Outeiro e Raphael Chipperfield, a infancia con Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará responsable do apartado de personaxes e figuras e o estudo de arquitectura NAN con Alberto Reiriz e Vicente Pillado da sección de arquitectura e urbanismo. Patricia Dopico é a encargada do deseño editorial e o catálogo, que se pretende sexa nun futuro un agasallo institucional.

Quince institucións e unha ducia de particulares, cederán pezas e documentos para este proxecto inédito que será a maior produción expositiva levada a cabo polo Concello de Pontevedra ata o momento.

O cartaz, concebido polo comisario Alfredo Olmedo cun aspecto “descaradamente cinemátográfico”, parte das fotografías dos nenos Darío e Violeta realizadas por Fernando Suárez e foi deseñado por Patricia Dopico.

A imaxe ten unha importante carga evocadora e recolle tamén un espazo icónico como a ponte do Burgo que representa o peso da memoria pero tamén á transformación.

Horario de apertura da sala:

Luns, mércores, xoves e venres de 18.00 a 21.00 horas. Sábados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. Domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas. Martes pechada.


Hora

Decembro 15 (Xoves) 00:00 - Marzo 22 (Mércores) 23:59

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!