Exposición ‘Arte e Camelias’ | Concello de Marín

Exposición 'Arte e Camelias' en Marín

xov23xanConsultardom09febExposición 'Arte e Camelias' en MarínVIII Mostra 'Camelias e Mar'(Consultar) Museo Manuel Torres - Marín

Detalles do Evento

Se todos os febreiros as camelias enchen do seu recendo o Museo Manuel Torres, desta vez temos a oportunidade de desfrutalas un pouco máis e doutro xeito, a través da arte, grazas á exposición ‘Arte e Camelias’ de Rosa Crespo e Cristina Barreiro que se poderá ver no Museo.

A primeira delas retrata coa súa técnica algunhas das camelias máis bonitas en distintos escenarios, mentres que a segunda uniu a súa paixón por esta flor e por Xapón para crear unha serie de bonecas Kokeshi engalanadas con camelias e outros elementos relacionados coa cultura e a natureza xoponesa.


Presentación da exposición ‘Camelias e Mar’ | Concello de Marín

Ambas artistas presentaron xunto coa concelleira Itziar Álvarez esta exposición, que serve como preámbulo para a VIII Mostra ‘Camelias e Mar’, que encherá as salas museísticas destas flores os días 8 e 9 de febreiro.

O sábado 8 inaugurarase ás 13.00 horas a mostra e durante toda a tarde seguirá aberta a todo o mundo, de 16.30 a 20.00 horas. O domingo, o horario será 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.


Hora

Xaneiro 23 (Xoves) - Febreiro 9 (Domingo)

Localización

Museo Manuel Torres

Avda. de Ourense, s/n 36900 Marín

Está pasando!