Detalle da obra ‘Camaradas’ | Fundación Manuel Moldes

Exposición 'Camaradas' en Pontevedra

ven28marConsultarsáb01novExposición 'Camaradas' en PontevedraManuel Moldes en diálogo con oito artistas galegos(Consultar) Fundación Manuel Moldes - Pontevedra

Detalles do Evento

A Fundación Manuel Moldes presenta ‘Camaradas’, unha exposición que reúne obras de Manuel Moldes en diálogo con oito artistas galegos, celebrando a súa amizade e a súa influencia na arte galega.

‘Camaradas’ reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles.

Obras na exposición ‘Camaradas’ | Fundación Manuel Moldes

A maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século).

Esta nova exposición dará continuidade ao compromiso da Fundación Manuel Moldes de Pontevedra de recuperar e dar visibilidade ao legado deste artista da cidade do Lérez.

Hora

Marzo 28 (Venres) - Novembro 1 (Sábado)

Localización

Fundación Manuel Moldes

Benito Corbal, 47 (Entrada Javier Puig Llamas, 3) 36001 Pontevedra

Está pasando!