Exposición ‘Cartografía de A Raia’ en Salvaterra 

mér27setConsultardom08outExposición ‘Cartografía de A Raia’ en Salvaterra Concello de Salvaterra de Miño(Consultar) Museo da Ciencia do Viño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, organizan a exposición ‘Cartografía de A Raia’, unha mostra da evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ó longo do Río Miño.

A través de láminas ilustrativas, métodos e instrumentos empregados a exposición amosa a cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na fronteira luso-española.

A inauguración será o mércores ás 19:00 horas no Museo da Ciencia do Viño e partir dese día todo aquel que queira poderá visitar a exposición ubicada en dito museo e na Casa do Viño ata o 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

Ademais o vindeiro mércores 4 de octubre, ás 19:00 horas, terá lugar na Casa do Viño a conferencia ‘Trabajos de delimitación en A Raia’, con entrada libre ata completar a capacidade.

Hora

Setembro 27 (Mércores) - Outubro 8 (Domingo)

Localización

Museo da Ciencia do Viño

Praza do Castelo, 4, 36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra

Está pasando!