Exposición ‘De camiño a Ítaca’ en Marín

ven17outConsultarven31outExposición ‘De camiño a Ítaca’ en Marínobras de Olalla Buceta López(Consultar) Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

Do 17 ao 31 de outubro, a sala do Ateneo Santa Cecilia acolle a exposición pictórica da artista vilagarciá Olalla Buceta López, que leva por título: ‘De camiño a Ítaca’.

En palabras da propia artista:

“E se as cidades non fosen lugares senón estados da alma?

Presento unha serie de obras onde a arquitectura se disolve, os contornos se desvanecen e o urbano se volve emoción. Non hai rúas, nin edificios recoñecibles, exceptuando 4 localizacións: Vilagarcía, Carril, Ourense e Pontevedra, coa súa Ponte do Burgo e a Praza do Peirao.

Os trazos de espátula e a mestura directa dos acrílicos na tela xeran néboas de cor, ritmos que evocan construcións sen nome; podería ser unha torre, un castelo, unha muralla, unha ponte, unha fronteira, unha ruína, unha ría, un lugar posible de habitar, unha cidade soñada… Espazos en distintas horas do día, da noite, da brétema… en calma ou buliciosos, de soño ou recoñecibles… Non hai pretensión ningunha de chegar a Ítaca senón de gozar do proceso, do traxecto.

Esta exposición non fala de urbes concretas, senón da forma en que o construído nos habita por dentro. Siluetas, luz entre volumes, reflexos, escintileos… que quedan gravados en nós. Como metáforas de desexos, de medos, de sensacións máis que de recordos… Unha invitación a perderse e a atoparse en lugares que nunca existiron pero que recoñecemos como propios.”

A exposición, comisariada por Antón Sobral e Antón Castro, estará aberta ao público do 17 ao 31 de outubro.

Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Hora

outubro 17 (Venres) - 31 (Venres)

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!