Exposición 'Detrás da porta...' en Pontevedra

ven23maiConsultardom08xuñExposición 'Detrás da porta...' en PontevedraJaime Gabriel Armenteros Pedrero(Consultar) Palacete das Mendoza - Pontevedra

Detalles do Evento

En ‘Detrás da porta…’ Jaime G. Armenteros mostra unha selección das súas obras, nas que mestura os seus tres estilos de pintura: realismo, a abstracción e o xeometrismo.

O interese polo debuxo e a pintura do autor comezou na súa infancia, pero non foi ata o 2012 cando comezou a súa andanza de maneira autodidacta, realizando diferentes cursos de pintura.

‘Detrás da porta…’ trátase da súa terceira exposición, despois da celebrada no Casino de Pontevedra no 2023 e na sede de Vigo do Colexio de Médicos en 2024.

Os horarios de visita da exposición que acolle o Palacete das Mendoza a partir do venres 23 de maio e ata o domingo 8 de xuño serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Hora

Maio 23 (Venres) - Xuño 8 (Domingo)

Localización

Palacete das Mendoza

Praza de Santa María, s/n 36002 Pontevedra

Está pasando!