Exposición 'Noa e a cidade sen maxia' de Angie Roa

xov22maiConsultardom01xuñExposición 'Noa e a cidade sen maxia' de Angie RoaBDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA(Consultar) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco do festival de banda deseñada BDra Gráfica, a sala de usos múltiples do Teatro Principal de Pontevedra, acolle a exposición de Angie Roa, gañadora da VI edición do Premio de BD, O Garaxe Hermético, coa súa primeira obra ‘Noa e a cidade sen maxia’, editado en colaboración con Xerais.

‘Noa e a cidade sen maxia’ permanecerá aberta ao público do xoves 22 de maio ao domingo 1 de xuño.


III BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA

BDra Gráfica, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez.

O obxectivo de BDra Gráfica, é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores/as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría, onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades.

Todo aderezado con exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD, do 22 ao 25 de maio en Pontevedra.

Hora

Maio 22 (Xoves) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!