Fotografía en papel de algodón 60×40. Sistema modular sen portas n°8. 2017

Exposición 'Non fun', de Pilar Alonso en Vigo

mar20maiConsultardom03agoExposición 'Non fun', de Pilar Alonso en VigoSobre o ser e o estar dunha muller artista(Consultar) Casa das Artes - Vigo

Detalles do Evento

Coa exposición ‘Non fun’, la artista viguesa Pilar Alonso proponse representar un mundo de identidades múltiples, un bucle de enmascaramentos, entre a exhibición e a ocultación, xogando co espazo do edificio non como un simple contedor senón como parte esencial nun mecanismo escópico desde o que observar e ao mesmo tempo ser observada, desde a consciencia de que é preciso o ollar do outro/outra para conformarmos a identidade e a existencia.

Partindo destes presupostos, a artista propón ao espectador penetrar neste universo plástico, como se estivese debruzándose sobre un escenario, e faino creando un ambiente que facilita que sintamos unha identificación intuitiva con ese universo, que percibamos un xénero de simpatía -no sentido etimolóxicointelectual por medio da cal nos colocamos no interior do mundo por ela elaborado, de modo que coincide con aquilo que é único no mesmo e, consecuentemente, non se pode espremer.

As imaxes son para Pilar Alonso, sobre todo, lugares do acontecemento, o tempo-agora, o Jetztzeit de Walter Benjamin. Acontecementos abertos e fragmentados, mais non por iso menos intensos, nos cales o espectador debe mergullarse para unha fluída percepción.

Na obra de Pilar Alonso está presente a análise do rol da muller na sociedade e na historia mais sempre o fai desde unha vontade de resaltar a centralidade da consciencia e desde a necesidade intensa de participar no decurso -e no discurso- colectivos partindo do máis íntimo.

Visitable do 20 de maio ata o 3 de agosto de 2025, os luns, mércores e venres, de 18:00 a 21:00 horas; martes e xoves, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas; Sábados, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas e domingos, de 12:00 a 14:00 horas.

Hora

Maio 20 (Martes) - Agosto 3 (Domingo)

Localización

Casa das Artes

Rúa Policarpo Sanz, 15 36201 Vigo

Está pasando!