Exposición X Concurso de Pintura ao aire libre 'Pinta Tui'

xov05marConsultarsáb28marExposición X Concurso de Pintura ao aire libre 'Pinta Tui'sala municipal de exposicións do edificio Francisco Sánchez(Consultar) Concello de Tui - Tui

Detalles do Evento

A Sala Municipal de Exposicións de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle do 5 ao 28 de marzo a exposición do X Concurso de Pintura ao aire libre ‘Pinta Tui’.

A mostra reúne as obras das persoas participantes do certame celebrado a finais do ano pasado.

Artistas de distintas idades, dende infantil, a xuvenís e adultos, plasmaron con diversas técnicas coma acuarela, óleo ou debuxo, lugares destacados da cidade de Tui. Así o río Miño, a Catedral, a praza da Inmaculada, son só algúns do lugares retrados que agora conforman unha mostra chega de cor.

O horario de visita é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas.

Hora

marzo 5 (Xoves) - 28 (Sábado)

Localización

Concello de Tui

Está pasando!