Concerto 'Antonio Carmona en familia' en Vilagarcía

mar20ago22:30Concerto 'Antonio Carmona en familia' en Vilagarcíafestas de san roque 202422:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A fusión de flamenco, pop e ritmos actuais de Antonio Carmona encherá o parque da Xunqueira o martes 20 de agosto, dentro da programación das festas de San Roque 2024 organizadas polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

Na xira 2024, que comezou en febreiro en Jerez de la Frontera, o compositor granadino está acompañado no escenario por algúns membros da súa familia, a dos Habichuela, con tan ampla traxectoria e transcendencia na música de España.

No seu repertorio, ademais dos temas novos, Carmona fará repaso dalgúns dos grandes éxitos de Ketama, o grupo a que pertenceu e liderou durante case dúas décadas.

Este ano, ao tempo que prepara un novo disco, Antonio volve sobre o escenario co seu espectáculo “Antonio Carmona en familia”unha auténtica festa flamenca. Rodeado dos seus, ofrece un concerto único para todos os públicos onde o baile, a forza, o “duende” e a diversión están garantidos.

Un espectáculo que mestura a forza e a pureza do flamenco coa diversidade dos ritmos latinos e a vangarda dos sons máis actuais. Gran compositor cunha voz única, percusionista excepcional e guitarrista, é un “mestre” do directo. E iso poderán comprobalo os vilagarciáns e visitantes o martes 20 de agosto, e con carácter gratuíto.

Ao longo de toda a súa carreira, Antonio Carmona colaborou cos artistas máis importantes do panorama musical nacional e internacional. Camarón da Isla, Paco de Lucía, Lenny Kravitz, Willie Nelson, Alejandro Sanz, Juanes, Nelly Furtado… son algúns dos artistas que traballaron con el.

Entre as súas últimas colaboracións, cabe destacar a composición e interpretación do éxito mundial “Me maten” xunto a C. Tangana e de “Corazón gitano”, canción incluída en “Mendo”, álbum de Alex Cuba premiado como o mellor de pop latino nos Grammy 2022.

Hora

(Martes) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!