XXX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

ven01xulConsultardom03xulXXX Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraConcello da Guarda(Consultar) Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O venres 1 de xullo, ás 20:00 horas, dará comezo a XXX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, tras dous anos de parón pola pandemia. A lectura do pregón a cargo da televisiva Eva Iglesias, a intervención do alcalde da localidade e a entrega da Lagosta de Ouro 2022, un galardón que se quere revalorizar, marcarán o inicio dunha das celebracións gastronómicas galegas máis populares.

Esa mesma noite, procederase á apertura da carpa e o grupo ‘Do Lusco ó Fusco’ encargarase de amenizar as rúas, previamente engalanadas con motivos mariñeiros grazas á iniciativa da Asociación Piueiro que secundaron os guardeses e as guardesas, apoiados polo propio Concello. Esa colaboración directa de todo o pobo pretende ser un dos piares dunha celebración que parte do gastronómico para chegar a todos os ámbitos.

A xornada inaugural concluirá cunha das actuacións enmarcadas no Festival ‘Mar de Blues’, que conta con invitados de talla internacional: Will Jacobs & Marcos Coll Band, unha formación liderada polo guitarrista de Chicago Will Jacobs; Javier Turnes, de Bakin Blues Band, e Remi  Bankyln, unha nova promesa do  blues tradicional.  Un programa de luxo que xa se converteu nun dos grandes atractivos do evento gastronómico.


Eva Iglesias será a encargada da lcetura do pregón

O sábado, día 2, as actividades festivas darán comezo ás 11 da mañá e sucederanse ao longo do día con gastronomía, a inauguración da Exposición Etnográfica Mariñeira da Asociación Piueiro, viaxes no volanteiro, unha feira de artesanía na  rúa  do Porto e varios pasacalles. A Lagosta castrexa, a mascota deseñada con motivo do trinta aniversario da festa, ocupará boa parte das actividades destinadas aos máis pequenos. Mentres que os máis maiores gozarán, sen dúbida, coa actuacións en directo do programa ‘Mar de Blues’.

O domingo 3 de xullo, os visitantes poderán participar no roteiro das cetarias e do Museo do Mar, reservando previamente as súas prazas no correo festadalangosta@gmail.com ou no punto de información situado na carpa instalada no porto da Guarda. Os pasacalles a cargo de grupos locais animarán o vermú mariñeiro, que se poderá degustar nun gran número de establecementos hostaleiros da Guarda. A música neste terceiro día de festa poñeraa Erea Castro, cunha actuación na Praza de San Benito, mentres que o grupo A Boalleira encargarase de amenizar musicalmente a despedida entre o porto e a carpa.


Erea Castro acturá na Praza de San Benito o domingo 3 de xullo

Descarga o programa da XXX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira e o plano da situación da festa en PDF

Hora

xullo 1 (Venres) - 3 (Domingo)

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!